br

Asociación Deportiva A FORNA

br

budiñoraid

INFORMACIÓN SOBRE O 1º CURSO-CARREIRA de ORIENTACIÓN Concello de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas, en colaboración co BudiñoRAID, a sección de Orientación da Asociación Deportiva A Forna de Budiño, organiza o 1º CURSO + CARREIRA de ORIENTACIÓN en familia_Concello de Salceda o vindeiro DOMINGO 23 de Decembro de 2018 na Praza do Concello de Salceda de Caselas.

Este evento que nace dunha interesante colaboración deportiva entre o Concello de Salceda e o club de Orientación de referencia na zona, BudiñoRAID, ten a simple intención de achegar este enriquecedor deporte a toda a veciñanza do Concello e o seu entorno. Pensando sobre todo para os mais pequenos da casa, pero tamén aberto a calquera persoa con curiosidade polo deporte e pola natureza ou actividades en grupo, este evento vai a ter dúas partes diferenciadas co fin de que todos disfrutedes dunha mañá de actividade para coñecer que é o Deporte da Orientación.

A primeira parte do evento será unha CHARLA teórica, con proxección de videos e mostras de material de orientación en directo, que terá lugar no Auditorio Municipal de 10:00 a 12:00 da mañá. A segunda parte do curso será unha pequena CARREIRA de desmostración e posta en práctica do indicado na charla previa.

Ó longo das primeiras semanas de decembro, representantes do Club visitarán os colexios de Salceda para facer unha pequena presentación deste evento e resolver as primeiras dúbidas que teñan os nenos sobre esta actividade. Ahí daremos unha invitación para que, acompañados sempre dunha persona maior (recoméndase que veña toda a familia), vos acheguedes o Domingo 23 a disfrutar dun dos deportes máis conciliadores que existe, xa que é moi recomendable disfrutalo en grupo cos amigos e familiares.

Para poder participar en este evento, totalmente GRATUÍTO, é necesario que vos inscribades previamente nesta mesma páxina web a partires do LUNS día 10 de decembro, xa que necesitamos saber cantas persoas van a participar no evento, para poder programalo axeitadamente.

En resumo, a Orientación consiste en facer un percorrido previamente deseñado polos organizadores, pero descoñecido para os participantes ata o momento da saída, onde se suministrará un Mapa no que se indican os puntos de control que hai que atopar, axudados unicamente por un compás e brúxula.

Aínda que se trata dun deporte federado e con competicións oficiais, non deixa de ser un xogo similar á "búsqueda do tesouro" no que os máis pequenos disfrutan dun estupendo día na compaña dos maiores e amigos do BudiñoRAID.