2b

Asociación Deportiva A FORNA

2b

budiñobike-canteiros

XVI MARCHA BTT FARO DE BUDIÑO

FOTOS

Podes baixar aquí o track da marcha

AGRADECEMENTOS

A organización agradece o excelente comportamento de tódolos participantes nesta BTT para que este evento chegara a bo porto; creemos que así foi. O día non estivo moi amigable con nos, pero tampouco se portou demasiado mal.

Non tivemos problemas de feridos de consideración. Pequenas rascaduras que foron atendidas no momento. Grazas a todos pola prudencia mostrada.

Grazas tamén á fotografa profesional, Coral, que a pesar do mal tempo estivo inmortalizando algúnhas pasaxes para a historia. Cando nos pase o seu valioso material, estará a disposición de tódolos participantes. Probablemente a mediados de semana.

Non queremos esquecernos das empresas colaboradoras. Os pasteliños, as barriñas exerxéticas, os plátanos, as mazás, as tortas, a rosca de páscua, o chocolate, as bebidas; estaba todo moi rico e os ciclistas o agradeceron. Dos agasallos das tendas de ciclismo que foron sorteados entre os participantes. Grazas a todos. No que sigue aparecen as tendas que colaboraron con nos

A Policia Local do Porriño e Protección Civil do Porriño, tamén fixeron un bo traballo. Moitas grazas.

Grazas tamén as comunidades de montes de Couso, Guláns, A Picoña, Cans e Budiño por permitirnos pasar polas súas propiedades, case sempre con bonitas paisaxes.

Coma sempre, o Concello do Porriño sempre está colaborando moi activamente con nos. Grazas tamén.

Somos conscientes de que sempre hai erros e algúns deles algo imprevisibles. Desculpas para os que sufristes algún.

Verémonos nas marchas que hai durante o 2017.

 

 

COLABORADORES