2b

Asociación Deportiva A FORNA

2b

budiñobike-canteiros

XIV MARCHA BTT e VI Roteiro FARO DE BUDIÑO

FOTOS DA MARCHA

Podes baixar aquí o track da marcha

AGRADECEMENTOS

A organización agradece o excelente comportamento de tódolos participantes nesta BTT e Roteiro para que este evento chegara a bo porto; creemos que así foi. Somos conscentes que tiñades a golosina da "Pontevedra 4 picos" pero preferistes ser fieles á nosa marcha; moitas grazas. Desexamos que os que foron a Pontevedra o pasaran tan ben como nos e que no futuro volvan a estar en Budiño.

Desexar a rápida recuperación de Montse, a moza que caíu na baixada rápida dos Cabreiros-Chenlo e que marchou cun esguince e algunhas magulladuras. Queremos verte, subindo e baixando como sempre, nas vindeiras marchas; Monte Aloia-Tui? Mos? Ánímo.

Grazas tamén ós dous fotografos profesionais, Coral e Juan Carlos, que estivestes inmortalizando os pasos polas trialeiras. Cando nos pasedes o valioso material, estarán a disposición de tódolos participantes. Probablemente a mediados de semana.

Non queremos esquecernos das empresas colaboradoras. Os pastelitos, os platanos, a rosca de pascua, o chocolate, as bebidas; estaba todo moi rico e os ciclistas o agradeceron. Dos agasallos dos tendas de ciclismo que foron sorteados entre os participantes. Grazas a todos.

A Policia Local do Porriño, Dirección Xeral de Tráfico do Porriño, Protección Civil do Porriño, tamén fixeron un bo traballo. Moitas grazas.

Tamén queremos agradecer ó Astro Sol que nos ofreceu un maravilloso día, loitando contra tódalas prediccións; AEMET, TVE, WindGURU, TuTiempo.net... A veces hai que ser un pouco chulo, e esta era unha boa ocasión.

Somos conscentes de que sempre hai errores e algúns deles moi imprevisibles. Desculpas para os que sufristes algún deles.

Véremonos nas marchas que hai durante o 2015.

 

 

COLABORADORES