Sc |
asociación cultural o coto | Sc |
budiñoandainas |
XIII Andaina Concello Salceda de Caselas |
INFORMACIÓN
A andaina rerorrerá camiños e sendeiros dos concellos de Salceda de Caselase, Porriño e Tui.
Componse de dous roteiros circulares de 50, 32 km, con subida ó Monte Aloia e outro de 25km tamén circular e de dificultade baixa.
Xlll Andaina Concello de Salceda de Caselas: Saída do Centro Cultural O Coto en direccion á Ponte do Carneiro. Neste punto, a ruta de 27 km separase das de 50 e 32 km. Estas siguen o sendeiro das Greas que nos leva pola famosa subida dos Carneiros, no Concello do Porriño, onde temos o primeito avituallamento, no km 9.
Seguimos polo sendeiro das Greas ata Prado, no Concello de Gondomar, e pola a cima da montaña, con vistas expectaculares das illas Cies, Baiona e Nigran. Daquí imos hacia o Monte Aloia, onde no Mirador do Cruceiro podemos contemplar o Rio Miño ata a súa desembocadura na Garda.
Iniciamos a baixada en dirección ó Rego da Pedra, e no km 17,5 temos o segundo avituallamento. Seguimos o Rego da Pedra e pasamos Frinxo en dirección ós Muiños de Tripes, que os rodeamos na súa totalidade.
Chegamos e cruzamos a Cidade de Tui ata a Mariña, onde seguimos a senda que nos leva á Ponte Romana , no km 25. Neste punto temos o avitullamento principal e sepáranse as rutas de 32 e 50 km. A ruta de 32 km regresa ó punto de partida da andaina e a de 50 km sigue coincide coa ruta de 27 km pola beira do rio Miño ata Caldelas de Tui, onde temos o cuarto avitullamento.
Seguimos polo rio Caselas ata Salceda, onde temos o quinto avituallamento. A ruta de 27 regresa ó punto de partida e a ruta de 50 cruza o centro de Salceda para volver a xuntarse coa ruta de 27 para volver a Asociación Cultural O Coto.
Ó final teremos pinchos para todos.
DATA, LUGAR E HORA DE SAÍDA
O vindeiro 16 de maio de 2020, ás 9:00 dende a A.C. O Coto de San Estevo de Budiño.
É preciso estar na saída alomenos unha hora antes para realizar os trámites de recollida de dorsais.
Prezos e prazo da inscrición e pago:
Federados e socios da A.C. O Coto 10 euros, non federados 12 euros e os menores de 18 anos poden participar acompañados dun adulto cun prezo de 5 euros.
O ingreso realízase na conta ES89-2080-0577-80-3040002153 de ABANCA antes do mércores 13 de maio ás 20:00 horas. POR FAVOR, é moi importante indicar no concepto do ingreso bancario o nome, apelidos e DNI da persoa que se inscribe. Sen esta información non podemos asignar o pago á persoa inscrita. Se se realiza un pago para un grupo de participantes, por favor enviar un correo indicando o pago realizado e os datos dos participantes.
INFORMACIÓN ADICIONAL
manolo-andarin@hotmail.com
Teléfono: 659402738